(I) Dona María Negra, moi ben feita, din que estades namorada de min, se ben me queredes, por Deus, amiga, hoxe vinde atrás de min submisamente, se ben me queredes.
(II) Xa que eu teño feito tanto polo voso amor alí onde marcastes un encontro comigo, se ben me queredes, por Deus, amiga, hoxe vinde atrás de min submisamente, se ben me queredes.
(III) E para non virdes xunto de min soa, senlleira, que veña convosco a vosa alcoviteira, se ben me queredes, por Deus, amiga, hoxe vinde atrás de min submisamente, se ben me queredes.
(IV) Pois eu por vós tanto me baleiro a peidos, en cada lugar onde acordamos unha cita, se ben me queredes, por Deus, amiga, hoxe vinde atrás de min submisamente, se ben me queredes.