(I) Don Marco, vexo eu Don Estevan queixarse moito de vós, pois di que, a pesar de ter estado moi doente aquí, que vós nunca fixestes o posíbel por ir velo e non o vistes, mais el xura que Deus o confunda por iso se isto non vos acaba nun preito xudicial.
(II) E o desdén que lle vós fixestes nunca outro home o fixo ao seu amigo, mais hávolo de facer tamén el noutra ocasión se vós tiverdes algunha doenza: non vos ir ver, pois el é home que ten ese poder igual ca vós, se tamén vos viñer mal de ter que vos dar de beber polo vaso.
(III) Di que o Noso Señor non o guíe se non vos fixer el moi axiña outra igual –non vos ver cando vos for preciso–, xa que vós non o vistes; e aínda di un vello proverbio peor, coa saña que ten: «como lle cantedes, así vos ha bailar», pois non ten por que vos bailar mellor.