(I) Encontrei o outro día Don Estevão indo moi irado detrás dun dos seus homes; e nin sequera un paso lle puido fuxir aquel seu home detrás de quen ía; e alí o agarrou polo colo do traxe e feriuno moi mal ferido cun gran pau que traía na man dereita.
(II) E Don Estevão dicíanos así a nós, para que llo deixásemos ferir máis: «Quérovos explicar agora de que maneira este vilán vivía comigo: era eu máis del ca el era meu, e andaba moito máis eu detrás del ca el detrás de min, aínda que el me quería (andar detrás)».
(III) E o vilán respondía entón como agora podedes ouvir: «Facedes moi mal en consentir a este home torto o que me facía, pois desde o día que eu o coñezo sempre lle andei diante con gran sufrimento, e el sempre me metía diante.
(IV) E vede agora, por Santa María, se hei poder vivir máis con el, pois non podo nin un só día evitar que el me dea un gran golpe, de que morrería, cun gran pau que encontrou non sei onde; e cando se asaña, non repara por onde fira con el, con só que un se desvíe um pouco».