(I) Don Bernaldo, por que non entendedes o grande escarnio que aquí vos fan? Porque nunca vin home máis escarnecido do que vós andades aquí onde vivides, pois é escarnio para un moi bon segrel que lle vaian foder a muller como a vós vos foden esta que traedes.
(II) E, don Bernaldo, por se o non sabedes, quérovos eu dicir canto ouvín sobre este asunto: traedes unha muller, segundo puiden saber, que vola foden e de quen acabaredes moi escarnecido se vos empreñar dalgún rapaz e vos deixa despois un fillo doutro para que o criedes como voso.
(III) Mais semella que vós queredes que vos fodan a muller así, pois, se non, fuxiriades de alí de onde vola foden, don Bernal; e vede: non é marabilla que vos fodan a muller, mais fódenvos os cartos, pois estanvos fodendo malamente todo canto tendes.