(I) Din que Don Beeito chegou agora e foi encontrarse coa súa muller moi contento polos seus tratos comerciais de Montpellier; mais quérovos agora dicir unha cousa: que Deus non me deixe xa volver navegar se, polo custo, quixese adquirir as mercadorías que el nalgures mercou.
(II) E por un deses nosos camiños de montaña veu aquí ben abastecido esta vez coas súas mercadorías que alá fixo; mais din que tivo maos agoiros e tamén din que mercou tan mal que nunca recuperará o seu capital, porque se lle estragarán de vez os coiros.