(I) –Dicídeme, por Deus, amigo: tanto me amades como me dicides?
–Si, señora, e dígovos máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.
(II) –Non creo que vós tan ben me puidésedes querer como me ides dicir.
–Si, señora, e aínda direi máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.
(III)–Amigo, eu non vos crerei, pola fe que debo a Noso Señor, que me tendes un amor tan grande.
–Si, señora, e direivos máis: coido que ninguén no mundo ama tanto a unha muller.