(I) Deus, que hoxe me dispuxo a ocasión de vos ver e que é coñecedor da miña coita, El sabe hoxe que con moi gran pavor vos digo eu isto, e xa é o momento para o dicir: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.
(II) E mentres eu vin que podía vivir coa gran coita de amor en que vivo, considerei mellor non vos dicir nada; mais digo isto porque me vexo morrer: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.
(III) E non hai no mundo filla de rei a quen tanto lle debese pesar nin causar estrañeza que un home a tomase (como señora), por isto que vos agora direi: eu morro, e morro por alguén, e nunca vos direi máis sobre iso.