(I) Os Zevróns son moi desventurados por isto: érguense nos arzóns da sela remendada con canterlas e baten (nelas) coas nádegas; e dixo a ben feita: «Má sela traedes, por que non a amarrades? Má sela levades, por que non a atades?».
(II) Os Zevróns teñen a sorte en contra, por isto: érguense nos arzóns da sela que está como podrida e baten nela coas nádegas; e dixo a belida: «Má sela traedes, por que non a amarrades? Má sela levades, por que non a atades?».
(III) Direivos o que eu escoito sobre eles: no día da súa voda, no lance de arrebolar o pau, bateu de cabo a rabo na sela renxedora; e díxolles a fermosa: «Má sela traedes, por que non a amarrades? Má sela levades, por que non a atades?».