(I) Eu sei unha cousa da miña señora: que me quere mal, así Deus me perdoe; porén, sei no meu corazón que non me quere mal porque a amo, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.
(II) Mais quéreme mal polo que vos direi: porque me di que lle causo pesar por vela e por lle falar, pois non me quere mal por outra cousa, eu ben o sei, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.
(III) E logo que ela fose sabedora do moito que a amei, desde que a vin, aínda que me quixese mal igualmente, desde entón eu crería que sería mellor para min, pois nunca me quixo nin quere crer, de modo ningún, que a amo moito.