(I) Desde o día en que eu me afastei do lugar onde mora a miña señora, nunca sentín contentamento de min mesmo, abofé, nin o sentirei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(II) Porque me afastei contra a miña vontade de onde ela está, despois de me afastar de alí, nunca estiven satisfeito de min nin o penso estar de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.
(III) Aínda que non recibín o favor dela, quero dicirvos a verdade: eu nunca vin nada pracenteiro nin xamais o verei de ningunha outra cousa se non a vexo a ela.