(I) Da miña señora, que en tan aciago día vin, como Deus sabe –e máis non direi agora a respecto disto, porque non me convén–, Deus non me dea ben dela nin de si se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (II) por seu (servidor)– que me fai, porque tería dó de min e sabería ben cal é a gran coita ou quen perde o siso; e non me socorra (aquela) por quen o perdín se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (III) por seu (servidor)– que me fai, pois tan preto está de min a miña morte como verán moitos que despois crerán a miña coita; mais non me auxilie quen ma causa se hoxe eu querería ter máis ben (dela) que saber (ela) o mal –e (ela) me ter (1) por seu (servidor)– que me fai, e non o saber (ela) nunca por min nin por eu o dicir.