Don Lopo Lias trobou sobre uns cabaleiros de Lemos que eran catro irmáns e andaban sempre mal amañados; e por iso lles compuxo estas cantigas.
(I) Cantarei sobre a albarda de esparto vermella e sobre as mangas de liño fino farei [...], e da sela que eu lle vin, renxedora, que xa este ano lle renxeu ante o rei ao Zevron e despois ante a súa esposa.
(II) Da albarda de esparto cantarei desde agora, e sobre as mangas grosas do traxe de liño, e o brial tamén volo mentarei aquí, e a sela que eu lle vin, renxedora, [...] ao Zevron e despois ante a súa esposa.