(I) Pensou Amor que logo me faria perder a cordura coa súa coita, aínda que nunca o puido facer; mais aprendeu outra argucia: quéreme matar moi cedo por alguén, e isto pódeo el facer moi ben, porque a miña señora quere iso de todas as maneiras.
(II) E Amor considera que eu pedín unha loucura ao demandar o que non podo ter; e isto eu non o podo escoller, porque daquela logo eu escollería outra cousa: escollería, mentres tivese xuízo, nunca xa morrer por ningunha cousa, pois esta morte non é brincadeira.
(III) Ai, canta coita levei en Faria! E vin a Segovia morrer porque non vexo aquí a quen soía ver algunhas veces, e por iso sobrevivía; mais, xa que non podo vivir, aquela por quen morro vos quero dicir; di alguén: «Esta é filla de Maria».
(1) E o que sempre ocultei no trobar agora o dixen, e pese a quen pese, porque alguén levou a cabo a súa teimosía.