(I) Correola, sodes o representante da xustiza na corte do rei contra o mal que alí se fixer, e teredes éxito nesa función, se me credes, porque así está disposto: se virdes algún home facer mal, non llo deixedes, con toda a vosa forza, antes ben facédeo vós canto desexedes.
(II) E se souberdes onde xogan os dados, que alguén quere perder o que trouxer, sabede onde é de quen volo puider dicir e ide logo con gran cautela e non deixedes alí que se perda nada agás a vós, e, con toda a vosa forza, procurade antes ficar alí vós sen calzóns.
(III) E sempre, lembrádevos ben, se algún home quixer pelexar aquí con outro, sexa quen for, facede aí canto poidades por ser esforzado; e quen quixer provocar unha pelexa, entrade logo alí e, con toda a vosa forza, saíde vós dela co rostro partido.
(IV) E xa que eu vos aconsellei todo isto, aconséllovos que traiades convosco unha muller destas de aquí, se outra peor non viñer, a que achedes de mellor prezo; e, se tal muller puiderdes traer, estará moi ben, e facede o posíbel por poder, pois con iso o voso cometido está conseguido.