(I) Tal como lle aconteceu a Merlín morrer pola súa moita sabedoría, que lle foi descubrir a unha muller tal que o soubo enganar, desa mesma maneira se foi condenar Martín Vaásquez, polo que eu lle ouvín, porque o trae morto unha muller a quen, para o seu mal, lle ensinou o seu saber.
(II) E di que tal coita lle fai padecer que se quere afogar nin tampouco pode, cando non a ve, seguir con vida e, cando torna de alí, faino esmorecer; e polo saber que el lle ensinou, teno tan coitado que lle convén morrer da morte estraña que há de padecer.
(III) E di (o que lle causa un maior temor por todo aquilo que el lle foi ensinar) que sabe que o pode encerrar nun lugar tal onde convén esperar unha morte como a de que morreu Merlín, no momento en que dará voces cando chegue o seu final, porque el non pode evitar tal morte.