(I) Coitado vivo, desde hai moito tempo, pois nunca vin un home tan coitado vivir no mundo desde que nacín; e, aínda que as miñas penas son moitas, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(II) Vivo coitado no meu corazón e vivo no mundo sen ningún pracer, e non me atrevo a contar as miñas coitas; e, meus amigos, así Deus me perdoe, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(III) E deixarían de chorar os meus ollos, e así podería librarme das coitas que Deus me fai sufrir; e, meus amigos, así Deus me valla, non querería outro ben deste mundo máis que poder negar a quen amo.

(1) E por ocultalo eu ben pensaría perder as coitas e o mal que me vén.