(I) Coitada vivo, amigo, porque non vos vexo, e vós vivides coitado con gran desexo de me ver e de me falar, e por iso estou sempre nun estado de coita tan forte que non é outra cousa que morte, como quen vive, amigo, cun desexo tan grande.
(II) Por vos ver, amigo, vivo tan coitada, e vós por me ver, que de hoxe en diante non é nada a vida que levamos, e estou marabillada de como vivo sufrindo un mal tan áspero, pois máis me valería non existir.
(III) Non sei de quen sufrise tal coita cal eu sufro por vos ver, amigo, que non morrese; e con estas coitas eu –oxalá que non nacese!– non sei o que será de min, e envéxolle a morte a todo home ou muller que xa morrese.