(I) Chegou aquí Don Fulano e veu moi ben fornecido de todo; aínda que non veu ao maio, para que non veña (agora) sen proveito, deámoslle nós unha maia das que fixemos no maio.
(II) Abofé que Don Fulano chegou aquí ben fornecido de todo, aínda que non veu ao maio; mais para que non veña (agora) en van, deámoslle nós unha maia das que fixemos no maio.
(III) Porque veu moi ben fornecido de todo, con tenda e con enxoval doméstico, aínda que non veu no maio, nin veu por Pentecoste, deámoslle nós unha maia das que fixemos no maio.
(IV) Pois trae enxoval e tenda en que se aloxe satisfeito, xa que non veu ao maio, para que non fique con perdas, deámoslle nós unha maia das que fixemos no maio.