Fixo estoutro cantar de mal dizer a um cabaleiro que pensaban que trobaba moi ben e que compuña moi boas melodías, e non era así.

(I) Cabaleiro, cos vosos cantares humillastes os trobadores, e, xa que así son vencidos por vós, busquen servir as súas damas por outra vía, porque eu vos vexo a vós gañar a maior parte da xente para o voso bando, polo voso trobar, e non a eles, que son trobadores.
(II) Os aldeáns e os concellos téndelos todos moi satisfeitos; tan ben se din ser vosos fieis seguidores como se os tivésedes comprados, por estes cantares de amor que facedes aos que lle encontran o gusto os fillos e os mozos que teñen a soldo.
(III) Sodes ben querido dos alfaiates, dos peleteiros e dos que cortan o cabelo; do voso bando son os xograres que tocan as trompas e os xograres dos tambores porque lles cabe nas trompas a vosa música; para tambores din que non achan no mundo outras melodías mellores.
(IV) Os trobadores e as mulleres, a un tempo, están anoxados dos vosos cantares, cousa que a min non me importaría se fosen louvados polos outros, porque eles non saben o que van facer: queren unha boa melodía e boa de cantar, e que as cantigas sexan fermosas e rimadas.
(1) E todo isto é mao de facer para quen as adoita facer irregulares.