(I) En feliz día vin o meu amigo, porque me chegou un recado del, louzá.

(II) En feliz día vin o meu amado, porque me chegou del un recado, louzá.

(III) Porque me chegou un recado del, eu rogo a Deus e digo, louzá.

(IV) Porque me chegou del un recado, rogo eu a Deus de boa vontade, louzá.

(V) Rogo eu a Deus e dígolle por aquel meu amigo, louzá.

(VI) Rogo eu a Deus de boa vontade por aquel namorado, louzá.

(VII) Por aquel meu amigo, que o vexa comigo, louzá.

(VIII) Por aquel namorado, que fose xa chegado, louzá.