(I) Bernal Fendudo, quérovos dicir o que debedes facer, xa que vos queren armar cabaleiro e chamarvos “dona salvaxe”: se vos acontecer unha lide con mouros, aturádeos, pois todos vos atacarán, e, dando golpes en vós, cansarán, e vós despois venceredes.
(II) E axiña, cando se inicie a súa loita, viranvos algúns deles golpear diante; e ademais os outros, por non erraren o ataque, quereránvos acometer por outro lugar; mais vós aguantade, ataquen por onde ataquen, porque, se Deus vos axuda na loita, golpeando en vós, han eles de morrer.
(III) Pero, como han de ser moi numerosos, moitas veces vos han derrubar; mais vós sempre vos habedes de recobrar e eles han de enfraquecer máis, aínda que non pararán de vos golpear de todas as partes; mais, ao final, todos morrerán no voso poder.