(I) Ben debiades, miña señora, obrar con bo criterio comigo; e xa que Deus volo fai ter e todas cantas outras cousas (boas) hai, cal é a razón que tendes para me deixardes morrer de amor e non me quererdes socorrer?
(II) E por outra razón estou peor en relación a vós: porque non me queredes crer, e védesme perder o siso por vós; e hai moito tempo, miña fermosa señora, que non sentín ningunha alegría por min nin por outra cousa cando non vos puiden ver.
(III) E xa que me vos Deus quixo mostrar aquí, direivos unha cousa: se vós non me facedes ben, por canto mal por vós levei, xa eu non poderei vivir, porque me quererá cedo matar a coita que por vós me vén.
(IV) Mais véñovos por Deus rogar que sintades por iso piedade de min, que cometo esta loucura de que nunca me librarei; mais sobre outra cousa vos preguntarei: como podedes desamar a quen así se ten por voso vasalo?