(I) Estas penas que teño que sufrir, meu amigo, son moitas e graves, e vós tamén, desde hai moito tempo, padecedes coitas moi dolorosas; e por iso non sei, se eu por vasalo ou vós por señora, quen de nós sofre máis coita de amor.
(II) Sufrimos coitas e así nos acontece: eu por vós, amigo, e vós por min –e Deus ben sabe de nós que é así–; e destas coitas non sei eu moi ben, se eu por vasalo ou vós por señora, quen de nós sofre máis coita de amor.
(III) Disposto está que nunca perdan a coita os meus ollos e o meu corazón; e estas coitas, meu señor, son miñas, e por esta situación non podo chegar a saber se eu por vasalo ou vós por señora, quen de nós sofre máis coita de amor.