(I) Souben que ao Deán de Cádiz lle levaban libros de Vejer de la Frontera e pregunteille por eles ao que os traía e el respondeume: «Señor, con estes dous libros que vós vedes e con outros que el ten de seu, fode el por eles canto quere foder.
(II) E aínda vos direi máis do asunto: aínda que na Lei (Biblia) moitas [veces non quere] ler, polo que eu sei dos seus asuntos, cos libros que ten non hai muller a quen non faga que os corvos lle semellen grous e as aguias vermes da seda, a forza de foder, se el quere, (III) pois na arte de foder non hai máis do que está contido nos libros que el ten; e ten tanta ansia e gusto de os ler que noite e día non fai outra cousa; e sabe tanto da arte de foder que, cos seus libros de artes que ten, fode el as mouras cada vez que lle peta.
(IV) E contareivos máis do seu saber e do que fai cos libros que el ten: mándaos traer todos ante si e, despois de que fode canto quere guiándose por eles, se acha unha muller endemoñada, de tal xeito a fode con arte e a conciencia, que saca dela o demo malvado.
(V) E con todo isto, aínda fai outra cousa cos libros que ten, abofé que si: se acha unha muller que teña o mal do fogo de San Marcial, encántaa de tal xeito fodendo, que fai que (o fogo) lle semelle xeada ou neve e non outra cousa».