(I) Amigo, xa que me deixades e ides morar a outro lugar, rogo eu a Deus –se tornades aquí para falar comigo– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(II) E xa que vos queredes ir e non me queredes crer, rogo a Deus –se o facedes e tornardes para me ver– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(III) Pois non considerades mesura nin canto ben eu vos fixen, rogo eu a Deus –se por ventura tornardes para dicirme algo– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.

(IV) Pois vos ides contra o meu parecer e non vos importo nada, rogo eu a Deus –se fordes coitado e tornardes aquí– que non teñades, amigo, ocasión para poder falar comigo.