(I) Amiga, ben sei que o meu amigo morreu ou que ama a outra muller, pois non me envía recado nin vén, e, cando se foi, acordara comigo que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado. 

(II) A min pesoume moito cando se ía e comecei entón a preguntarlle: «Coidades vivir, amigo, moito tempo alá?». E xuroume por Santa María que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado.

(III) Cando estaba comigo falando, díxenlle eu: «Que farei se non vos vexo ou se non escoito axiña o voso recado?». E entón el xuroume chorando que se viría axiña de bo grado e, se non, que me enviaría recado.