(I) Amo eu tanto a miña señora que non sei que facer, e ela nin sequera se quere lembrar de min, e eu morro de amor, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(II) E cando lle eu quero dicir o moito mal que o amor me fai, nin sequera lle causa pesar nin lle prace nin quere pensar en min, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(III) Que destino me deu Deus, que me fixo amar unha muller tal que non quere o meu servizo! E morro, e non me ten por seu (servidor), e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.
(IV) E vede que coita esta, porque eu xa por sempre hei servir unha muller que non mo quere recompensar nin mo considera como ben nin como mal, e así morrerei por quen nin quere o meu mal nin quere o meu ben.