(I) Ai meu amigo, vós tendes por min afán e coita e desexo, e non outra cousa, e o meu ben é todo o voso mal; mais, xa que non vos podo axudar niso, pésame porque son fermosa, pois a vós, amigo, diso vos vén mal. 

(II) E sei ben, amigo, que estes ollos meus e mais o meu rostro fermoso vos fan vivir en gran coita; mais, meu amigo, así me valla Deus, pésame porque son fermosa, pois a vós, amigo, diso vos vén mal.