(I) Ai de min, coitado, e por que vin a dona que polo meu mal vin! Que, sábeo Deus, porque a vin, nunca máis vin pracer, abofé, cando a non vin, pois, de todas as donas que vin, nunca vin tan boa dona (II) tan cumprida de todo ben; abofé, isto sei con certeza, así o Noso Señor me conceda ben dela, que a amo moito, abofé, non pola miña satisfacción, porque, aínda que a amo, non sabe que a amo, (III) que llo nego para a (poder) ver, aínda que non a podo ver; mais a Deus, que ma fixo ver, rógolle que ma faga ver, e se non ma deixa ver, eu sei ben que nunca poderei ver pracer sen a ver, (1) porque lle quero mellor que a min propio, aínda que a que eu vin polo meu mal non o sabe por min (2) nin o saberá ninguén, mentres eu conserve o sentido; mais, se perdo o sentido, direino por falta de cordura, (3) pois vede o que ouzo dicir: que a falta de cordura fai dicir a un home o que non quere dicir!