(I) Abadesa, Noso Señor volo agradeza, se lle prouguer, porque vos lembrastes de min no momento en que o precisaba, cando cheguei ao voso mosteiro, porque tan ben mandastes que alí se coidase do voso comendador, (II) porque estaría morto, miña señora, por causa das penurias do camiño, con certeza, mais lembrástesvos de min; e todos me preguntarán se vos saberei eu servir a vós tan ben como o soubestes abastecer de todo o que el desexaba.
(III) Que Deus vos dea recompensa por iso, se o ten por ben, porque vos lembrastes de min cando o precisaba moito; e o comendador chegou e, se non se albergou ben, non foi pola vosa vontade.
(IV) Que Deus vos dea recompensa por iso no meu nome, pois eu non podería facelo, porque vos lembrastes de min cando cheguei ao voso lugar, pois non puidestes tratar entón o comendador dun xeito máis amoroso e pracenteiro.
(1) Desexo que teñades unha recompensa do cento dobrado, por min, a quen non lle faltou nada de canto había na mansión.