(I) –Ao voso amigo, amiga, que proveito lle ten servirvos sempre moi de corazón sen que reciba de vós ben ningún senón mal? 
–E como, amiga, non ten el por ben entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?

(II) –Que proveito ten el ou que vontade sente de vos servir e amar máis que a nada sen que reciba ben de vós senón mal? 
–E non considera el, amiga, que recibe ben (por) entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?

(III) –Amiga, a Deus que está nos ceos, aínda que sei que me ten no seu poder, non o servirei senón por (obter) recompensa. 
–E como é iso, amiga? E logo el pensa que é pouco entender de min que eu lle consinto que me sirva e se nomee como meu vasalo?