(I) Aquela, por quen perdo o sono e de quen ando moi namorado, véxoa irse de aquí e eu fico desamparado; moi contenta se vai para Crecente, na súa múa baia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(II) Houben de morrer por iso, de tan ben feita que a vin, pois estaba moi fermosa na súa sela dourada; as galdrapas son de lá escura e os arzóns (son) de faia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(III) Se a puidese coller teríame por afortunado, e levala abrazada diante na coma do cabalo, e polo camiño de Lampai pasar o Miño e o Douro e Gaia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!  
(IV) Se puidese afastala catro leguas de Crecente e collela nos brazos, apertala fortemente, de nada lle valería gritar “ai” nin chamar por Deus nin por Santa Vaia: vestida dun pano fino de Cambrai, Deus!, que ben lle sentan o manto e a saia!