(I) A miña señora, que eu vin por mal de min e destes ollos meus, e por quen moitas veces me maldixen a min e ao mundo e a Deus, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.

(II) A que me fai querer mal a min mesmo e a cantos amigos tiña e desesperar de Deus, o que me pesa, aínda que me fai sufrir todo este mal, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.

(III) Aquela por quen me quere este corazón saír do peito e por quen xa morro e perdín o siso e a razón, aínda que este mal me fixo e máis me fará, desde que a non vin non vin tampouco pesar de ningunha outra cousa, pois non me puiden lembrar de ningunha outra cousa.