(I) Dinme cantos amigos teño –porque vivo tanto tempo en Portugal– que xa hai moito tempo que non conseguín alí ningún beneficio; dígolles eu como vos direi: «Meus amigos, nin sequera mencionedes iso, pois o meu beneficio é poder vivir eu onde puider ver, tan sequera unha vez, a que vin para o meu mal, (II) pois este é todo canto ben eu hoxe teño, nin me digades, amigos, outra cousa sobre esa cuestión, pois mentres eu puider ver os seus ollos, nunca farei nada que me prexudique, senón un gran proveito; vede por que, por Deus: porque me quererá matar, se eu me for de alí, esta gran coita que nunca me abandona».