(I) Teño un desexo tal de ver a dama que eu amo que non sabería dicir o grande que é, mais non é razoábel, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.

(II) Aínda que hoxe non hai no mundo outra cousa que eu tanto desexe como ir xa a onde a poida ver, máis vale non a ver, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.

(III) Se non a vir, non sentirei nunca satisfacción de min nin de nada; se a vir, terei unha coita maior; mais, por que o farei, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo?

(IV) Isto só non está en cuestión: que eu xa por sempre non vexa esta muller cada vez que puider, aínda que lle debía fuxir, pois eu deséxoa sempre máis cada vez que a vexo.