
O xurado salientou a “excelencia deste proxecto, que ofrece unha edición crítica integral das cantigas de amigo conservadas da lírica galego-portuguesa medieval. Froito dun rigoroso e prolongado labor filolóxico, a obra fornece unha nova ferramenta de referencia para o estudo dun dos corpus máis singulares do patrimonio literario europeo. A súa solidez metodolóxica, a relevancia cultural do material tratado e a súa contribución á preservación e difusión crítica deste legado fan dela unha achega científica de suma importancia. O carácter interuniversitario do proxecto, desenvolvido por investigadores das tres universidades públicas galegas, constitúe ademais un exemplo de cooperación científica e construción colectiva do coñecemento, legado intanxible para as futuras xeracións”.