[last revised: 04/02/2022]Print

791 [= Tav 81,18]
Quero-vos ora mui ben conselhar

Quero-vos ora mui ben conselhar,
ai meu amig’, assi me venha ben:
se virdes que me vos quer’as[s]anhar,
mia sanha non tenhades en desden,
ca, se non for, mui ben sei que sera:
se m’as[s]anhar, alguen se que[i]xará.
Se m’assanhar, non façades i al
e sofrede a sanha no coraçon,
pois vos eu posso fazer ben e mal:
de a sofrerdes faredes razon,
ca, se non for, [mui ben sei que sera:
se m’assanhar, alguen se queixará].
E, pois eu ei en vós tan gran poder
e averei enquant’eu viva for,
ja non podedes per ren ben a[ve]r
se non fordes de sanha sofredor,
ca, [se non for, mui ben sei que sera:
se m’assanhar, alguen se queixará].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscripts


B 795, V 379

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 187-188 [= LPGP 558]); Cohen (2003: 263); Fregonese (2007: 127); Littera (2016: II, 17-18)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 144); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 94-95).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 97).

Manuscript variants


1 vos] uos BV   3 me vos] me9 B   4 desden] desem B   7 façades] facad’s B   8 sofrede] ffofd’ B : nos de V; no] nō V; coraçon] coracom BV   9 vos] uos BV   10 de a sofrerdes faredes razon] de a nofrerđs fare des rraçō V   13 vós] uꝯ BV; tan] cā B   15 a[ve]r] ai BV   16 sofredor] sofd’or B

Editorial variants


2 amig’] amigo Fregonese   6 que[i]xará] quexará Cohen, Littera   8 sofrede a sanha] sofred’a sanha Nunes   12 queixará] quexará Cohen, Littera   15 a[ve]r] a[ver] Cohen   18 queixará] quexará Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Quérovos agora aconsellar moi ben, ai meu amigo, así me veña ben: se vedes que me quero asañar contra vós, non desconsideredes a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará. 

(II) Se me eu asañar, non fagades nada e sufride a miña ira no corazón, xa que vos eu podo facer ben e mal: obraredes moi ben se a sufrirdes, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.

(III) E xa que eu teño sobre vós tan gran poder, e tereino mentres viva, non poderedes conseguir ben de ningún modo se non sufrides a miña ira, pois, se non é así, sei moi ben o que sucederá: se me asañar, alguén se queixará.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= Tav 99:20)

Encontros vocálicos: 8 sofrede‿a

Notes


Text
  • 1

    Nótese como o incipit desta cantiga foi utilizado tamén por Afonso X na cantiga 487, de teor escarniño.

  • 6

    As formas como le[i]xar e que[i]xar (e derivados), con aparente absorción fonética da vogal palatal por parte de /ʃ/, son certamente esporádicas no corpus (só en 38.6; 371.27; 637.1, 726.1, 1319.3, 7 e 14; 1547.20), e semellan produto de omisións por parte dos copistas: <quexume> A, <queixume> B queixume (238.3); <lexedes> A, <leixedes> BV lexedes (387.9); <quexume> B, <queixume> V queixum’e (785.2); <lexou> B, <leixou> V leixou (989.30); <lexou> B, <leyxou> V leixou (1319.7); <lexad> B, <leixad> V leixad[e] (1365.2).

    Cohen, contrariamente á forma que[i]xa que estabeleceu en 726.1, neste caso mantivo a lección dos manuscritos, igual que acontece coa edición de Littera.

  • 13

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, común aos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A vs. <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B). 

Search
    No results