635 [= Tav 30,30]
Por partir pesar que [eu] sempre vi

Por partir pesar que [eu] sempre vi
a mia senhor aver do mui gran ben
que lh’eu quero, desejava por én
mia mort’, amigos; mais, pois entendi
que lhe prazia de me mal fazer,
log’eu des i desejei a viver.
Veend’eu ben que do mui grand’amor,
que lh’eu sempr’oui, tomava pesar,
ia por end’a morte desejar;
mais, pois, amigos, eu fui sabedor
que lhe [prazia de me mal fazer,
log’eu des i desejei a viver].
Se me Deus enton a morte non deu,
non ficou ja por min de lha pedir,
cuidand’a ela tal pesar partir;
mais, pois, amigos, ben certo fui eu
que lhe prazia [de me mal fazer,
log’eu des i desejei a viver],
non por mia prol, mais pera non perder
ela per min ren do que lh’é prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 620, V 221

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 224-225); Pagani (1971: 81 [= LPGP 261]); Littera (2016: I, 256).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87); Braga (1878: 44); Machado & Machado (1952: III, 272).
III. Antoloxías: Oliveira & Machado (1959: 69-70).

Varianti manoscritte


2 gran] g̃ra B   7 grand'amor] g̃rad am̄ B   9 ia] Hy a B   10 eu] andeu B : endeu V   14 ficou] fitou V   16 certo] + B : q̄o V   19 perder] poder B   20 ela] da V; ren] irē B; que] q B

Varianti editoriali


8 oui] ouvy Nunes : ou[v]y Pagani : hou[v]i Littera   14 min] mi Nunes

Parafrasi


(I) Por afastar o sufrimento que eu sempre vin que a miña señora sentía do moito que a amo, desexaba por iso a morte, amigos; mais, pois entendín que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir.

(II) Vendo eu claramente que, polo grande amor que eu sempre lle tiven, experimentaba pesar, ía desexar por iso a morte; mais despois, amigos, cando souben que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir.

(III) Se Deus entón non me concedeu a morte non foi porque eu non lla pedise, pensando que afastaba dela o pesar; mais cando tiven a certeza, amigos, de que lle pracía facerme mal, logo desde ese momento eu desexei vivir, (1) non para o meu beneficio, mais para non perder ela por culpa miña nada do que lle causa pracer.
 

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:39)

Note


Testo
  • 6

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 754.6, 899.10, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 8

    Sendo un feito confirmado que no pretérito de aver (lat. habui) existen resultados con desaparición de -b- intervocálico (cfr. ouer, 10.18), e, máis comunmente, con posterior monotongación de -ou- (oera, oesse, oer) por aparecer nunha secuencia trivocálica fonotacticamente anómala (Ferreiro 1999: §23b), tamén debe ser considerada as formas oue ~ oui, que con frecuencia desaparecen nas edicións e que deben ser reconsideradas á luz destes datos: qual coita no coraçon / por vós sempr’oue (372.4); Veend’eu ben que do mui grand’amor, / que lh’eu sempr’oui (635.8); u oui passar / per Campos, (1412.2). Todas e cada unha destas formas encontran comprida confirmación nos datos subministrados polas obras en prosa, literarias ou notariais (véxase Ferreiro 2016a: 120-123). Véxase nota a 10.18. Cfr. tamén notas a 130.23 e 534.4.

  • 10

    A presenza do pronome ende neste verso (*end’eu fui sabedor), que o convertería en hipermétrico, talvez sexa produto dun erro de copia por influencia do verso anterior (por end’a morte).

  • 16

    Certo é unha conxectura editorial sobre a lección de V (<q̄o>), que corresponde, significativamente, cunha lacuna textual marcada con cruz polo copista de B. De calquera modo, ben certo fui eu é paralelo a eu fui sabedor (estr. II, v. 10) e entendi (estr. I, v. 4).

  • 19

    Poder en B, en vez de perder, é un claro lapso de copia. Véxase o mesmo erro en A vs. B (177.26),  e B vs. V (1502.9), e inverso en 873.4 e 1502.9 (tamén B vs. V).

Cerca
    Nessun risultato trovato