1229 [= Tav 116,28]
Por meu amig’, amiga, preguntar-

– Por meu amig’, amiga, preguntar-
-vos quer’eu ora (ca se foi d’aqui
mui meu sanhud’e nunca o ar vi)
se sabe ja ca mi quer outro ben.
– Par Deus, amiga, sab’, [e] o pesar
que oj’el á non é por outra ren.
– Amiga, pesa-mi de coraçon
porque o sabe, ca de o perder
ei mui gran med’, e ide-lhi dizer
que lhi non pes, ca nunca lh’én verra
mal e, pois el souber esta razon,
sei eu que log’aqui migo sera.
E dizede-lhi ca poder non ei
de me partir, se me gran ben quiser,
que mi-o non queira, ca non sei molher
que se del[e] possa partir per al
senon per esto que m’end’eu farei:
non fazer ren que mi tenhan por mal.
E, pois veer meu amigo, ben sei
que nunca pode per mí saber al.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1213, V 818

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 308-309); Marroni (1968: 263-265 [= LPGP 746]); Cohen (2003: 446); Littera (2016: II, 248).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 280); Braga (1878: 154); Machado & Machado (1956: V, 321).

Variantes manuscritas


8 porque] Pº q̄  B   9 gran] g̃ra B   10 én] ende BV; verra] veira B   12 sera] se la V   13 dizede] (diz) dizede B : dizete V   14 gran] g̃ra B   15 queira] q̅ira B : q̅rria V; non] om. B   18 tenhan] nō tenhā BV

Variantes editoriais


2 -vos] vus Marroni   5 sab’, [e] o pesar] sab[ed’: o] pesar Nunes, Marroni : sab[ed]’ o pesar Cohen   6 por] per Cohen   9 lhi] lhe Nunes   17 m’end’] mentr’eu Nunes   18 mi] mi-o Nunes

Paráfrase


(I) –Polo meu amigo, amiga, quero agora preguntarvos (porque se foi daquí moi enfadado comigo e nunca máis o vin) se sabe xa que outro me ama.
–Por Deus, amiga, sábeo, e o pesar que hoxe el ten non é por outra causa.
(II) –Amiga, pésame de corazón que o saiba, pois teño moito medo de perdelo, e ídelle dicir que non lle pese, pois nunca lle virá mal por causa diso e, cando el souber esta explicación, sei que axiña estará aquí comigo.
(III) E dicídelle que non teño poder para evitar, se moito me quixer, que non me queira, pois non coñezo ningunha muller que poida evitalo de ningún outro xeito agás por isto que eu farei ao respecto: non facer nada que consideren mal (feito).
(1) E así que o me amigo viñer, sei ben que nunca me poderá escoitar outra cousa.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c (= Tav 183:7) + 10a 10c

Notas


Texto
  • *

    Fronte a un texto emitido por unha única voz, a da amiga, presentamos a cantiga cunha articulación dialogada entre dúas amigas (véxase nota aos vv. 5-6).

  • 1-2

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte (preguntar- / -vos). Tal segmentación versal volve aparecer en 123.24-25, 142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.22-23, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

  • 4

    Obviamente, outro refírese a outro pretendente.

  • 5-6

    A modulación textual-interpretativa do período a través da necesaria reintegración de unha sílaba no v. 5 e da puntuación na pasaxe é diverxente noutras edicións, onde non interveñen dous interlocutores. Véxase Nunes e Marroni:
              se sabe ja ca mi quer outro ben,
              par Deus, amiga, sab[ed’: o] pesar         
              que oj’el á, non é por outra ren.

    Finalmente, eis Cohen, con sintaxe forzada:
              se sabe ja ca mi quer outro ben,
              par Deus, amiga, sab<ed>’ o pesar
              que oj’ el á non é per outra ren.

    Con Littera, acreditamos en que na primeira estrofa xa falan as dúas amigas (así o confirman as estrofas II-III, que corresponden á primeira interlocutora), ao tempo que a plenitude métrica do v. 5 se consegue coa integración da copulativa, que consegue a reiteración do verbo saber como resposta gramaticalmente canónica á pregunta formulada co mesmo verbo:
              – Por meu amig’, amiga, preguntar-
              -vos quer’eu ora (ca se foi d’aqui
              mui meu sanhud’e nunca o ar vi)
              se sabe ja ca mi quer outro ben.
              – Par Deus, amiga, sab’, [e] o pesar
              que oj’el á non é por outra ren.

  • 10

    A aparición de ende por én é relativamente frecuente nos apógrafos italianos (204.16, 798.18, 962.18, 1187.8, 1538.10); ás veces é emendada polo Cancioneiro da Ajuda, que transmite en xeral mellores lecturas: de lhe fogir, ca non ei én [<endo> B = end’o] poder (201.10).

  • 18

    A adición espuria de non nos cancioneiros italianos por lapso de copia é indicada polo sentido e pola métrica. Neste sentido, algunhas veces existe diverxencia na transmisión dos manuscritos: A vs. B (198.r1, na estrofa I), B vs. V (808.10); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido, como acontece neste verso (véxase tamén 801.13, 1144.8, 1261.15, 1492.9 ou 1495.15).

Procurar
    Não foram encontrados resultados