I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 221-222); Blasco (1984: 191-192 [= LPGP 827-828]); Marcenaro (2012b: 287-288); Littera (2016: II, 360-361).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 93); Carter (2007 [1941]: 65-66); Machado & Machado (1949: I, 353-354); Fernández Pousa (1953: 23-24); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 200).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 754-755).
2 xe] xi B 3 bõa] boa B; morrer] moirer B 5 bõa] boa B; mí] mj̄ B 7 me] my B 11 verdade] u᷈dad A 12 me] mj B 14 pude] pudi B 15 atal coido] tal cuydo B 16 grave coita mentr’eu] g̃m coita ment’ B 17 fez ela] fez \ꞇ/ ela A : faz ela B; coit’aver] coyta au’ B 19 min] mj B; lla] lho B 20 pecado] pc̄cado B 21 lla nunca por min queira] lho nūca ꝑmj̄ q̄ra B 23 nen] ne B 24 min lle] mj lhi B 27 morrer] moirer B 28 morrer] moirer B 29 dissess’alguen] disse alguen A 30 coido] cuydo B 31 mia] mia / mia A; por eu] pʳ (mha morte) eu B
11 vos] vus Michaëlis, Blasco 12 dé] dê Michaëlis, Littera 15 atal coido] a tal coido Michaëlis : atal cuido Littera 22 posso] poss(o) Michaëlis 24 lle] om. Littera 30 coido] cuido Littera
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= Tav 100:16)
Encontros vocálicos: 4 mi‿ora; 23 mi-‿o
A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.
A variante tal de B provocaría un verso hipométrico (véxase nota a 10.4). Michaëlis e Littera segmentan erroneamente atal, como se a puidese ser artigo ou preposición, sen ter en conta que atal é variante frecuente de tal (cfr. tamén atan ~ tan, atanto ~ tanto, aquanto ~ quanto). Véxase nota a 138.17.
Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e, eventualmente, o da Vaticana (véxase tamén 193.3, 307.8, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
Esporadicamente existe variación entre A e B no relativo ás formas do presente subxuntivo de querer, con certa preferencia de B pola manutención das formas etimolóxicas (< quaeram, quaeras etc.) face á presenza das formas analóxicas xerais (queira, queiras etc.) en A (véxase tamén 73.16, 87.18, 215.22).
Optamos pola lección de B, no convencemento da probábel existencia dun erro de copia en A, xa que a forma disse presenta crase (ou sinalefa) coas palabras iniciadas por vogal, para alén da necesaria coherencia temporal a través dun tempo en subxuntivo nunha cláusula condicional. É por isto que, con base en A, sería posíbel editar disser alguen, que transmite tamén unha idea de hipótese e que pode ser doadamente explicábel do punto de vista paleográfico, por omisión do signo de abreviatura.