[last revised: 15/10/2022]Print

862 [= Tav 73,5]
Ora vej’eu que non á verdade

Ora vej’eu que non á verdade
en sonh’, amiga, se Deus me perdon,
e quero-vos logo mostrar razon,
e vedes como, par caridade:
sonhei, muit’á, que veera meu ben
e meu amig’, e non veo nen ven,
ca non á verdade nemigalha
en sonho, nen sol non é ben nen mal,
e eu nunca ende creerei al
porque, amiga, se Deus me valha,
sonhei, muit’á, [que veera meu ben
e meu amig’, e non veo nen ven].
Per min, amiga, entend’eu ben que
sonho non pode verdade seer,
nen que m’er pode ben nen mal fazer
porque, amiga, se Deus ben mi dê,
sonhei, muit’á, [que veera meu ben
e meu amig’, e non veo nen ven].
E, pois se foi meu amig’e non ven,
meu sonh’, amiga, non é mal nen ben.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 866, V 452

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 232-233); Finazzi-Agrò (1979: 125 [= LPGP 480]); Cohen (2003: 315); Littera (2016: I, 563).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 167); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 196).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 211); Torres (1977: 101); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 112); Magalhães (2007: 99).

Manuscript variants


3 vos] uos BV; razon] i razon B   4 caridade] tar idade B   6 nen] uen BV; ven] uemo V   7 nemigalha] no mi galha V   8 sonho] ssol (nē*) nho B   9 e eu] cen V; creerei] ce’erey B   10 se Deus] sođs V   13-14 que / sonho] q̅ / ssonho B : assy / nho V   15 nen] neu B   20 sonh’, amiga] sonbamiga V

Editorial variants


13 que] qu’assi [e] Nunes   15 que m’er pode] ar m’el pode Nunes   16 dê] dé Nunes, Cohen

Paraphrase


(I) Agora vexo que non hai verdade nos soños, amiga, así Deus me perdoe, e quérovos axiña mostrar a razón (diso), e vedes como, por caridade: soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén, (II) que non hai nin miga de verdade nos soños, nin sequera hai ben nin mal, e eu nunca crerei outra cousa, porque, amiga, así Deus me valla, soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén.
(III) Por min, amiga, entendo eu ben que non pode haber verdade nos soños, nin que me poden facer ben nin mal, porque, amiga, así Deus me dea ben, soñei, hai moito, que viñera o meu ben e o meu amigo, e non veu nin vén.
(IV) E, xa que se foi meu amigo e non vén, o meu soño, amiga, non é mal nin ben.

Metrics


Esquema métrico: 9’a 10b 10b 9’a 10C 10C (I-II [= Tav 160:292]) + 10a 10b 10b 10a 10C 10C (III [= Tav 160:125]) + 10c 10c

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga continúa a composición anterior (nº 861), tamén de Joan Meendiz de Briteiros.

  • 4

    O sintagma par caridade (tamén en 336.17, 1218.18, 1432.11 e 1667.13) convive con por caridade (551.27, 1354.7 e 1430.1): tal distribución mostra como a variante preposicional par, especializada no uso en invocacións de tipo relixioso (nomeadamente par Deus), tende a estender a súa presenza a fórmulas relacionadas con aquelas.

  • 13

    O uso en rima dunha partícula en principio átona, como a conxunción que, só acha correspondencia en Don Denis, que tamén utiliza que como palabra rimante coa conxunción condicional se na cantiga 605 (vv. 1-2):
              Valer-vos-ia, amigo, se
              oj’eu ousasse, mais vedes que
              mi-o tolhe daquest’, e non al: / ...

  • 16

    Nótese o carácter pechado de , en rima con que, tamén con /e/ pechado, que só reaparece noutra cantiga de Don Denis pola rima con ja-que:
              Ergeu-se ledo e riio ja-que
              (o que mui gran temp’á que el non fez);
              mais, pois ja esto passou esta vez,
              fic’end’eu leda, se Deus ben mi (603.7-10).
    Aínda que modernamente se consolidou a vogal pechada na forma de presente de subxuntivo de dar, inicialmente, e así funciona na lingua trobadoresca con estas dúas excepcións, tal vogal era aberta, como correspondía á súa procedencia de /ĕ/: dĕm > dé, dĕs > dés, dĕt > dé etc. (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §205b). En calquera caso, forma parte en ambos contextos da mesma frase formularia se Deus ben mi dê, que se integra nun conxunto fraseolóxico en que sempre participa a voz Deus (véxase Glosario, s.v. Deus): assi Deus me perdon, assi me valha Deus etc.

Search
    No results