[last revised: 03/06/2022]Print

988 [= Tav 120,28]
Nostro Senhor Deus, que prol vos ten ora

Nostro Senhor Deus, que prol vos ten ora
por destroirdes este mund’assi
que a melhor dona que era i
nen ouve nunca, vossa madre fóra,
levastes ende? Pensastes mui mal
daqueste mundo fals’e desleal,
que, quanto ben aqueste mund’avia,
todo lho Vós tolhestes en un dia!
Que pouco me, por én, prazer devia
este mundo, pois bondad’i non val
contra morrer! E, pois el assi fal,
seu prazer faz quen per tal mundo fia,
ca o dia que eu tal pesar vi,
ja, per quant’eu deste mund’entendi,
por fol tenh’eu quen por tal mundo chora,
e por máis fol quen máis en el mora!
E en forte ponto e en fort’ora
fez Deus o mundo, pois non leixou i
nen un conort[o] e levou d’aqui
a bõa Rainha, que end’é fóra,
Dona Beatrix! Direi-vos eu qual:
non fez Deus outra melhor nen [a]tal,
nen de bondade par non lh’acharia
ome no mundo, par Santa Maria!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 985bis, V 573

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 896-897); Panunzio (1992 [1967]: 113-114 [= LPGP 778]); Littera (2016: II, 290-291).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 205-206); Braga (1878: 110); Machado & Machado (1953: IV, 368-369); Fernández Pousa (1956: 814-815); Juárez Blanquer (1988: 141-142).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 237-238); Tavares (1943 [1923]: 63-64); Pellegrini (1928: 17-18); Piccolo (1951: 150-151); Nunes (1959: 421); Alvar & Beltrán (1989: 160); Pena (1990: 305-306); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 103); Diogo (1998: 80-81); Alvar & Talens (2009: 410).

Manuscript variants


1 ten] ren B   6 fals’e] fal lle V; desleal] desial B : desieal V   8 un] mun V   10 pois] poys uꝯ BV   11 morrer] moirer B   15 por] pre V   17 E] om. V; e] et BV   19 conort[o] e] cornore B   20 bõa Rainha] bona Rayinha B   21 Direi] Dizey B   22 outra] oultra B   23 lh’acharia] larcharia B

Editorial variants


1 vos] vus Panunzio, Michaëlis   5 ende] end’? e Michaëlis : end’? E Panunzio, Littera   9 prazer] prezar Michaëlis, Littera : pr[e]z[a]r Panunzio; pouco me] pouc’ome] Michaëlis, Panunzio : pouc’home Littera   15 por] per Michaëlis, Panunzio   16 por] per Panunzio; en el] en el[e] Michaëlis, Panunzio; en’el[e] Littera   17 E en ... e en fort’ora] En ... et en fort[e] ora Michaëlis, Panunzio : Em ... e em fort[e] hora Littera   19 nen un] nenhun Michaëlis, Panunzio : nẽum Littera   20 bõa] bona Panunzio; end’é fóra] ende fora Littera   21 vos] vus Michaëlis, Panunzio   22 fez ... [a]tal] fez[o] ... tal Michaëlis, Panunzio : fez ... tal Littera   24 Santa] Sancta Michaëlis

Paraphrase


(I) Noso Señor Deus, que proveito tirades agora de destruírdes este mundo así, que a mellor dona que alí existía nin existiu nunca, agás a vosa nai, levastes del? Moi mal coidastes deste mundo falso e desleal, porque canto ben tiña este mundo, todo llo Vós tirastes nun día!
(II) Por iso, que pouco me debía agradar este mundo, pois nel a bondade non vale de nada contra a morte! E pois el (o mundo) así falla, cúmprelle o gusto quen se fía del, pois o día que eu vin tal pesar, xa por canto eu entendín deste mundo, teño por louco a quen por tal mundo chora e por máis louco a quen nel mora!
(III) En aciago momento e en má hora fixo Deus o mundo, pois non deixou nel ningún conforto e levou de aquí a boa Raíña Dona Beatriz, que xa fóra del está. Direivos eu quen (é): non fixo Deus outra mellor nin tal (como ela), nin ninguén no mundo lle acharía par en bondade, por Santa María!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’d 10’d (= Tav 168:3)

Encontros vocálicos: 16 má·is

Notes


Text
  • *

    Esta composición constitúe unha mostra de pranto, un subxénero pouco representado na nosa escola, con só seis composicións, das cales cinco, unha delas paródica, son da autoría de Pero da Ponte e a sexta pertence ao xograr Joan, morador en Leon. Neste caso trátase dun laio poético (único pranto feminino no corpus galego-portugués) pola morte de Dona Beatriz (en 1234), a primeira esposa de Fernando III, mai, por tanto, de Afonso X (véxase Corral Díaz 2017).

  • 4

    O trobador está a falar da Virxe María, a nai de Deus (vossa madre fóra).

  • 10

    A expunción de vos semella a mellor alternativa para recuperar a isometría do verso, tal como consideraron todos os editores, á vista doutros contextos en que vos é un elemento espurio conforme a lección correcta dalgún dos testemuños manuscritos (véxase, por exemplo, 183.4, onde B mostra como A introduciu erradamente o pronome, ou 214.14, onde B presenta, fronte a A, un vos espurio).

  • 15-16

    O provenzalismo fol (tamén en 359.9, 901.8, 973.7, 1340.12 e 1632.13) compite con louco no corpus profano, de igual modo que folia e loucura (véxase Glosario).

  • 16

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), é desnecesaria a emenda el[e] de Michaëlis, Panunzio e Littera, provocada polo aparente problema de hipometría.

  • 17

    A expresión en forte ponto e en forte ora encóntrase na produción prosística antiga (cfr. CGPA, s.v.); así, case literalmente aparece na tradución da General Estoria: Em forte ponto et ora eu naçi; queme meu yrmão enganou ja outra vez et leuou demj́ por engano odereyto das [avantajẽes] et das onrras da mayoria que eu deuya aaver por que sóóm omayor yrmão, et leyxou me poble.
    Na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España atéstase a expresión nos mesmos termos que os de Pero da Ponte: Senor, en forte ponto et en forte ora vimos nos a priiom do conde Sant Diaz, ca toda uosa terra se perde por ende, tãto he o mal que Bernaldo y faz

  • 19

    A forma conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Véxase nota a 624.16.

  • 20

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

    Por outra parte, a lección de Littera (ende fora) indica que fora é considerada a forma verbal de antepretérito de indicativo de seer. Non obstante a posibilidade semántica de tal interpretación, a rima con ora indica que estamos perante o adverbio fora, tamén con vogal tónica aberta (véxase Montero Santalla 2000: 1.374-1.375).

  • 21

    Aínda que minoritaria, a variante con grafía -x en Beatriz é tamén moi frecuente nos textos medievais –notariais, cronísticos– conforme os datos subministrados polo Corpus Galego-Portugués Antigo (cfr. CGPA, s.v.), talvez pola súa importación desde o italiano Beatrice. Cfr. notas a 74.13, 135.18, 429.24, 631.4.

    Trátase da raíña Dona Beatriz de Suabia, a primeira esposa de Fernando III e nai de Afonso X.

Search
    No results