[last revised: 22/10/2022]Print

1123 [= Tav 122,1]
Assanhou-s’o meu amigo

Assanhou-s’o meu amigo
a mí porque non guisei
como falasse comigo;
Deus-lo sabe, non ousei,
e por én, se quiser, ande
sanhud’e non mi-o demande:
quant’el quiser atant’ande
sanhud’e non mi-o demande.
Enviar quer’eu, velida,
a meu amigo que seja
en Santa Marta na ermida
migo led’e i me veja
se quiser, e, se non, ande
sanhud’e [non mi-o demande:
quant’el quiser atant’ande
sanhud’e non mi-o demande].
Depois-lo tiv’eu guisado
que s’el foi d’aqui sanhudo,
e atendi seu mandado
e non o vi, e perdudo
é comigo, e ala x’ande
sanhud’e [non mi-o demande:
quant’el quiser atant’ande
sanhud’e non mi-o demande].
Sei que non sab’a mia manha,
pois que m’enviar non quer
mandadeir’e xi m’assanha,
ca verra se m’eu quiser;
mais non quer’eu, e el ande
sanhud’e non me demande:
[quant’el quiser atant’ande
sanhud’e non mi-o demande].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscripts


B 1120bis, V 712

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 320-321 [= LPGP 802-803]); Cohena (2003: 352); Littera (2016: II, 330-331); Cohenb (2016b: 13).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 251); Braga (1878: 136); Machado & Machado (1956: V, 181-182); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 183-184).

Manuscript variants


1 Assanhou-s’o] Assanhoussꝯ B   7 quant’el] qn̄ tel V   8 mi-o] meo B : me V   13 quiser] qser V   17 Depoylo tiueu grisado V   25 manha] manho B   27 mandadeir’e] mandadey\re/  28 verra] veira B   29 e el ande] eclande V

Editorial variants


Na edición de 2016, Rip Cohen presenta esta composición disposta en versos longos, cunha estrutura métrica 15’a 15’a 15’B 15’B.

4 Deus-lo sab’, e] Deu-lo sabe Nunes, Cohena, Cohenb   12 me] mi Nunes   17 Depois-lo] Depoi-lo Nunes : Depoilo Cohena, Cohenb : Depoi’lo Littera   21 comigo] comigu’ Nunes   24 e non mi-o] e e non me Nunes   27 mandadeir’e xi m’assanha] mandad’e re-xi-m’assanha Nunes   28 ca] cá Littera   30 sanhud’e] sanhude e Nunes; me] mi-o Nunes : mho Cohena, Cohenb : mi o Littera   32 mi-o] me Nunes

Paraphrase


(I) Irouse o meu amigo porque non procurei como falase comigo; sábeo Deus, non ousei, e por iso, se quixer, ande irado e non mo demande: ande irado tanto canto quixer e non mo demande.

(II) Quero mandar eu, belida, a meu amigo que estea ledo comigo en Santa Marta, na ermida, e que alí me vexa se quixer, e, se non, ande irado e non mo demande: ande irado tanto canto quixer e non mo demande.

(III) Despois de ter todo preparado, foise el de aquí irado e esperei as súas novas, e non o vin, e inimizado está comigo, e alá ande irado e non mo demande: ande irado tanto canto quixer e non mo demande.

(IV) Sei que non coñece a miña maña –non me quere enviar recadeiro e se asaña contra min–, pois virá se eu quixer; mais eu non quero, e ande el irado e non mo demande: ande irado tanto canto quixer e non mo demande.

Metrics


Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’c 7’C 7’C 7’C (I, IV [= Tav 105:3]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’C 7’C 7’C (II-III [= Tav 105:4])

Encontros vocálicos: 6 mi͜-o; 8 mi͜-o; 9 En·vi·ar; 11 na‿ermida; 14 mi͜-o; 16 mi͜-o; 21 comigo,‿e; 22 mi͜-o; 24 mi͜-o; 26 en·vi·ar; 32 mi͜-o

Notes


Text
  • *

    Ao longo da cantiga a palabra rimante ande repítese no 5º verso das estrofas, así como no segundo verso do refrán.

  • 3

    Neste texto rexístrase o pretérito de subxuntivo falasse con valor de pospretérito (‘falaría’). No corpus das cantigas profanas, existen casos similares: ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7); Vistes vós, amiga, meu amigo, / que jurava que sempre fezesse / todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2); mais sei que, des i, / tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1). De calquera xeito, na literatura coeva documéntanse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana: Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 225); tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso: E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).

  • 4

    A secuencia <s-l> (e <r-l>), en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador, debe ser lida como [l] no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r), con independencia de que a grafía presente a forma máis antiga ou non (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos e coas preposicións por ~ per, des e tras e cos adverbios alhur e depois (véxase nota ao v. 17), xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con formas pronominais diferentes das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).

    En calquera caso, alén de despois-lo / depoi-lo (véxase nota ao v. 17), achamos outras diverxencias nos manuscritos, onde se detecta a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poila vi B (136.19), pois-la vi A vs. poila vi B (174.18), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), pois-la A vs. poila B (275bis.8), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder ja non é meu A vs. mai-lo poder ja non é meu BB’V (901.10), bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V (901.26), miraremos-las ondas! N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leix(e) B (83.21, 199.33), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15). Cfr. nota a 965.11.

  • 11

    Nova alusión de Pero de Berdia (véxase UC 1120 e 1121) á ermida da parroquia de Berdía, pertencente ao concello de Santiago de Compostela.

  • 17

    Para alén do que acontece con mais e pois, obsérvese como o adverbio depois pode aparecer con asimilación fonética co pronome identificador (tamén en 331.7), igual que alhur ou a conxunción macar, feito que tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria: Depoi-lo Emperador se foi (CSM 5.33); maca-lo encobrir queiran (CSM 188.6). Véxase nota a 25.10. En calquera caso, reaparece a grafía arcaizante, tal como xa acontece con Deus-lo no v. 4 desta mesma cantiga.

  • 30

    No segundo verso do refrán da estrofa IV (sanhud’e non me demande) aparece unha leve variación expresiva –nivelada nas precedentes edicións– a respecto das anteriores ocorrencias do refrán (mi-o). Cfr. nota a 27.4.

Search
    No results