O proxecto Universo Cantigas ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa (2010-2015, agora xa integrado en UC). Actualmente, Universo Cantigas é desenvolvido ao abeiro dos proxectos ministeriais FFI2015-63523-P e PGC2018-093928-B-I00.
Após a edición, na fase I (2016-2018), da primeira sección da denominada «compilación xeral» galego-portuguesa, constituída fundamentalmente por cantigas de amor (textos 1-640), xa finalizou a fase II do proxecto (2019-2022), coa edición crítica da sección que contén a maioría das cantigas de amigo (textos 641-1.315). A fase III, a sección das cantigas de escarnio e de mal dizer (textos 1.316-1.683), será realizada no período 2023-2026.
Universo Cantigas concíbese como unha empresa global que, progresivamente, colocará ao dispor do público, alén da edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa, todos os elementos pertinentes para o seu estudo.

Forma de citación
1. Para citar UC (en conxunto):
Ferreiro, Manuel (dir.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> ISSN 2605-1273 [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
2. Para citar edicións:
Ferreiro, Manuel & Arbor Aldea, Mariña & Arias Freixedo, Bieito & Eirín, Leticia (eds.) (2018-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].
3. Para citar o glosario:
UC/Glosario, s.v. xxx, en Ferreiro, Manuel (dir.) (2014-): Universo Cantigas. Edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa. Universidade da Coruña <http://universocantigas.gal> [data da última revisión: dd/mm/aaaa].

Agradecemos á Biblioteca da Ajuda e á Biblioteca Nacional de Portugal o acceso ás imaxes dos manuscritos.

Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

ConfiguraciónsAceptar