(I) Se soubese agora a miña señora que moito me prace morrer eu antes que temer a súa ira, que (xa) sufrín, que sempre temín máis que a morte desde que a vin, pesaríalle máis que calquera outra cousa que eu morrese, porque iso me prace a min.

(II) Isto entendo eu do seu amor, porque, desde que a vin, vinlle sentir sempre pesar polo meu pracer e sempre (sentir) saña contra min; e por isto entendo eu así: que da morte que me agora vén lle ha pesar, porque é para o meu ben.

(III) Disto son xa coñecedor e tamén me pracerá sabelo: e desde que eu así reciba a morte, quen lle aturará desde entón tantas coitas como eu sufrín? Eu creo que lle faltará quen (o faga), aínda que ela me desdeñou (IV) desde que a vin; e se eu non tivese pavor de vivir –que Deus non deixe que isto aconteza!–, diría canto mal recibín dela polo ben que a servín, e diría como errou o xuízo contra min, mais non me convén.