(I) Por Deus, amigo, eu nunca pensei que vos perdería como vos perdín por quen non é máis fermosa ca min nin vale máis; e tal queixume teño por iso que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(II) Se eu vos fose perder por unha dona tal que me vencese hoxe en beleza ou noutra cousa calquera, alegraríame por iso; mais fixéstelo tan sen xeito que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(III) En todo o que eu vos poida buscar mal, héivolo buscar mentres estiver viva, porque me deixastes por tal senhor que ben vos digo, co pesar que teño, que direi, amigo, abofé, como é (o seu aspecto) e o seu nome e quen é.

(1) E despois que o eu dixer, abofé que vos pesará, cando souberen quen é.