(I) Amor, ben me podo louvar de vós pola señora que me facedes amar; mais, segundo o meu xuízo, debo queixarme dunha cousa: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.

(II) Agradézovos que me destes unha señora fermosa, e coñecedora de todo ben; mais, pois ma destes, pésevos, Amor, do que me acontece: onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.

(III) Amo eu e trobo e sirvo esta dona, a máis non poder, para obter o seu ben; mais, cando lle veño dicir a coita en que me ten, onde non falta mesura nin piedade, nin outro ben, a min non me vale de nada a mesura nin a piedade nin outra cousa.