s

Glosario

Voces de S
[últ. rev.: 23/03/2023]ImprimirAlternar visualización de los ejemplos
sentir v.
1. v. tr. 'sentir, notar, percibir, sofrer'
11.9 E [a]veredes a sentir / camanha mingua vos farei||67.20 E, se o Ele quiser fazer / logo eu cuita non sentirei||67.23 logo mi averei a quitar / de nunca ja cuita sentir / enos dias que eu viver||137.28 perderei sén e esforço e pavor, / e des i ben nen mal non sentirei||379.13 nen un deles ja mal non sentirá, / tant’averan de a catar sabor!||478.13 deste demo da campinha / u os alacrães son, / ca dentro no coraçon / senti deles a espinha!||495.3 ca sei que sentiredes qual / mingua vos pois ei de fazer||512.5 Un tal ome sei [eu] que preto sente / de sí morte [chegada] certamente||621.13 Non sei, amigo, quen o mal sentisse / que eu senço que o sol encobrisse / senon eu, coitada, que Deus maldisse||621.14 Non sei, amigo, quen o mal sentisse / que eu senço que o sol encobrisse / senon eu, coitada, que Deus maldisse||674.9 e nulh’amor nunca de min sentiu||722.16 mais esso pouco que el vivo for / farei-vo-lh’eu o que m’el faz sentir||725.17 e non me roguedes, ca o non farei / atá que el sença ira de senhor||809.10 que outro prazer nunca veerei / e mal que aja non ei de sentir / senon o voss’, ...||825.11 Penada se a eu visse, / non á mal que eu sentisse / ond’eu amor ei!||882.7 pero aven que algũa sazon / arç’e mi afog’e moiro porque non / senç’u me dol||1191.1 Ai madre, nunca mal senti[u] / nen soub’i que x’era pesar / a que seu amigo non viu, / com’oj’eu vi o meu, falar / con outra||1321.6 «Se mi-a poserdes, tal vo-la porrei / que a sençades ben atá o cuu»||1346.24 que a lança do seu filho / eno coraçon a sente
2. v. tr. 'lamentar, ter pena de, compadecerse por'
11.30 mais non xi vo-l’a sentir á, / ca non quer’eu filhar o seu / nen lh’ar querrei leixar o meu||32.12 e averei ora a sentir, / e non con torto, nulha ren||980.10 Sei ca non poderán dormir, / ca viron o bon semellar / da que os faz por sí chorar, / e ave-lo-an a sentir||1373.33 e nosso mal non sente / e fug’ant’a gente / po-la non veer
3. v. pr. 'lamentarse, doerse, compadecerse de'
Nesta acepción rexe a preposición de
151.1 Pois que se non sente a mia senhor / da coita en que me ten seu amor||891.10 [S]e se d’amigo sentisse, / mal aja quen a ferisse, / ca non ama||1329.12 ca entend’el que se dev’a sentir / de mal dizer que, a seu olho, vir / que pode log’acertar con seu dedo||1408.22 E non lhi fazen mal de que se sença, / ante leix’assi o preito passar||1511.7 Da mia lazeira pouco se sente
4. v. pr. 'sentirse, estar dunha determinada maneira'
74.1 Tanto me senç’ora ja cuitado / que eu ben cuido que poder / non aja ren de me valer||976.21 sol nen un mal non me senti / e fui logo led’e cantei||1318.2 Alvar [Rodriguiz] vej’eu agravar / porque se sent’aqui menguad’andar||1333.11 ca se sente tan maltreito / que non cuida en guarir||1390.15 Pero, tanto que s’el sentio coitado, / quando lhi deu a lança do peer||1394.3 Fernand’Escalho leixei mal doente / con olho mao tan coitad’assi / que non guarra, cuid’eu, tan mal se sente||1523.3 Maria Perez se maenfestou / noutro dia, ca por [mui] pecador / se sentiu||1529.7 e espertou-s’e cobriu-s’e peeu, / e or[a] ja máis guarido se sente||1529.12 e, des que s’el ben coberto sentiu, / estornudou tres peidos e guariu / ja-quanto máis

◆ IPr.: P1 senço, P3 sente||IPt.: P1 senti, P3 sentiu ~ sentio||IFt.: P1 sentirei, P3 sentirá, P5 sentiredes||SPr.: P3 sença, P5 sençades||SPt.: P1 sentisse, P3 sentisse