| 1 | Gran coita sofr’e vo[u]-a negando, | Gran coita so_ffre uoa ne_gando |
| 2 | ca non quis Deus que coita sofresse | ca non quis deus que coita soffresse |
| 3 | que eu ousasse, mentre vivesse, | que eu oussase mē_tre uiuesse |
| 4 | nunca dizer, e por aquist’ando | nunca dizer e por a quistando |
| 5 | [m]aravillado de como vivo | ()arauillado de como uiuo |
| 6 | en tan gran coita com’oj’eu vivo. | en tan gran coita comogeu uiuo. |
| - | |
| 7 | E esta coita, de que eu jaço | Esta coita de que eu ia(s̻)ço |
| 8 | cuidando sempre des que me deito, | cuidando semp᷈ desq̄ me deito |
| 9 | pois me levo, sol non é en preito | pois me leuo sol nō e en preito. |
| 10 | que cuid’en al, e por én me faço | que cuid en al e poren me faço |
| 11 | maravillado de como vivo | Marauillado de como uiuo. |
| 12 | [en tan gran coita com’oj’eu vivo]. | < > |
| - | |
| 13 | Ben sei que ome sol non m’entende | Ben sei que ome sol nō mētēde |
| 14 | qual coita sofr’e como coitado | qual coita soffr e como coitado |
| 15 | eu viv’oje, ne[n] ést’ome nado | eu uiuu oge ne est ome nado |
| 16 | que o soubess’e que non fosse ende | que o soubesse que nō fosse ende |
| 17 | maravillado de como vivo | Marauillado de como uiuo. |
| 18 | [en tan gran coita com’oj’eu vivo]. | < > |
| - | |
| 19 | E non o ouso dizer, cativo; | E non \o/ ouso dizer catiuo. |
| 20 | demais, desejo mia mort’, e vivo. | de mais deseio mia mort e uiuo. |