| 1 | Per bõa fe, fremosa mia senhor, | Per bōa fe fremosa mha senhor |
| 2 | sei eu ca máis fremoso parecer | sey eu ca mays fremoso parecer |
| 3 | vos fez Deus, e máis fremoso falar, | uꝯ fez deꝯ e mays fremoso falar |
| 4 | de quantas outras donas quis fazer; | de quantas outras douas quis fazer |
| 5 | e al vos fez que vos ora direi: | e aluꝯ fez queuꝯ ora direy |
| 6 | fez-vos máis mansa e de mui melhor | fez uꝯ mays manssa ede muj melhor |
| 7 | doair’e melhor talhada seer. | doayre melhor talhada seer |
| - | |
| 8 | E por esto, fremosa mia senhor, | E por esto fremosa mha senhor |
| 9 | non me devedes vós culp’a põer | nōme deuedes uos culpa pōer |
| 10 | porque non sei eu ren no mund’amar | pʳ q̄ nō sey eu rē no mūdamar |
| 11 | senon vós; e máis vos quero dizer: | senō uos emays uꝯ q̄ro dizer |
| 12 | senhor, nunca eu ja culpa averei | senhʳ nūca eu ia culpa auerey |
| 13 | de non amar, enquant’eu vivo for, | de nō amar enquāteu uiuo for |
| 14 | senon vós, pois me vos Deus fez veer. | senō uos poismeuꝯ ds̄ fez ueer |
| - | |
| 15 | E rogo-vos, fremosa mia senhor, | E rrogouꝯ fremosa mha senhor |
| 16 | por aquel Deus que vos fez[o] nacer, | por aq̄l ds̄ q̄uꝯ fez naçer |
| 17 | que, macar vos oj’eu tanto pesar | q̄ macar uꝯ ogeu tāto pesar |
| 18 | digo, que vós me leixedes viver | digo q̄ uos me leixedes uiuer |
| 19 | u vos veja, que de pran morrerei | huuꝯ ueia q̄ deprā morrerey |
| 20 | se vos non vir, e ei mui gran pavor | seuꝯ nō uir ou muj gram pauor |
| 21 | d’averdes vós en mia mort’a perder | dauerdes uos eu mha morta ꝑdeR |
| - | |
| 22 | gran mesura, fremosa mia senhor, | Gram mesura fremosa mha senhor |
| 23 | per bõa fe, que vos Deus fez aver, | ꝑ bōa fe q̄uꝯ ds̄ fez auer |
| 24 | ca non poss’eu i per nen un logar | ca nō posseu hi ꝑ nē hū loguar |
| 25 | a min nen a vós máis perda entender, | amj̄ nē auos mays ꝑ da entender |
| 26 | de quanta coita eu de viver ei, | de quāta coyta eu de uiuer ei |
| 27 | polo vosso, que non ja con sabor | polo uosso q̄ nō ia cō sabor |
| 28 | que eu aja, senhor, de non morrer. | q̄ eu aia senhor de nō morrer |